RIBEIRA> Os nacionalistas denuncian que un ano máis o Concello corre o risco de quedar con socorristas nas praias. Os nacionalistas propoñen facer cursos formativos no municipio e redistribuír ós profesionais para ter seguridade en tódalas praias.
A falla de socorristas comeza xa a ser unha constante tódolos veráns. O BNG de Ribeira denuncia que ningunha praia do municipio conta aínda con servizo de socorrismo pola demora do Concello na contratación de profesionais.
Critican ademais a creación da figura de persoal de apoio que, din, contribuirá a crear unha falsa imaxe de seguridade cando non se trata de profesionais que poidan actuar en caso de emerxencia na auga.
Piden, polo tanto, que se proceda canto antes á contratación do servizo de socorrismo e que se distribúa ó persoal polos distintos areais en función das necesidades de cada un.