O BNG rexeita as restricións da pesca no Parque das Illas Atlánticas

    bng_salnes copia100.jpgVILAGARCÍA> A medida afectaría a milleiros de familias que dende hai anos viven desta actividade na zona.

    {flowplayer}images/salnes/RESTRICIONS_PESQUEIRAS.flv{/flowplayer}

    Unha das medidas máis polémicas deste Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque das Illas Atlánticas, é a que recolle a zonificación das illas. A norma establecería diferentes áreas, onde a pesca e o marisqueo estarían prohibidos, restrinxidos ou moderados.

    Bieito Lobeira defendeu esta mañá a compatibilidade entre esta actividade, o turismo e os asentamentos humanos que se localizan nalgunhas das illas. Sen embargo, o deputado nacionalista sinalou outras actividades que a xuízo do seu partido si que deberían ser prohibidas.

    Para introducir estes cambios, os nacionalistas piden á Xunta que se reinicie un proceso de negociación do plan no que se inclúan ós afectados polas medidas, contando co sector pesqueiro e marisqueiro.

    Redacción Salnés