A Cig denuncia a redución dos medios contra o narcotráfico

    VILAGARCÍA> O Servizo de Vixiancia Aduaneira está a trasladar medios da loita contra o narcotráfico dende Galicia para outras zonas de España.

    Para a Cig o comportamento da Dirección do Servizo de Vixiancia Aduaneira supón un desmantelamento dos medios que se empregaban na loita contra o narcotráfico en Galicia. Fundamentalmente dos medios aéreos.

    Hasta mediados do 2010 había en Galicia un avión e un helicóptero que se empregaban para estes servizos. Pero a día de hoxe o avión xa non ten a base na nosa comunidade e o helicóptero foi sustituído por outro, segundo a Cig de peores características.

    Algo do que culpan á Axencia Tributaria por non tomar as medidas adecuadas. A excusa da Axencia Tributaria para trasladar estes medios a outros lugares do territorio español é a redución da cantidade de droga que entra polas nosas costas.E o aumento, sen embargo, da entrada destas sustancias por Andalucía. Polo que os medios desviaríanse a esas zonas.

    O deputado do BNG Bieito Lobeira, anunciou tamén que dende o seu partido van solicitar a comparecencia no Parlamento de Galicia dos delegados sindicais da Cig, representantes dos traballadores do Servizo de Vixiancia Aduaneira para que den conta da situación que se está a padecer.

    Redacción Salnés