![]()
O GROVE> Este é o último paso dun proxecto de reforma integral, que incluíu outras melloras como o adoquinado das rúas e a mellora do saneamento.
{flowplayer}images/salnes/AprobacionVivendasVirxeMareas.flv{/flowplayer}
O barrio Virxe das Mareas conta cunhas 60 vivendas construídas no seu momento, nos anos 50, como vivendas de sociais. O concelleiro de Vivenda e Solo, Carlos Álvarez dixo que o obxectivo do seu departamento fora sempre levar a cabo unha reforma integral de todo o conxunto para poñer en valor esta zona.
Depois de levar a cabo as tarefas de humanización do conxunto, co adoquinado das rúas e prazas e a mellora dos espazos de uso común. O último punto do plan de mellora é o que se centra nas vivendas. O principal problema que se lle presentaba á concellería era que moitas das vivendas estaban afectadas pola lei de costas. Pero seguindo este plan director os veciños poderán facer as obras de mellora nas súas casas e mesmo aumentar a altura uns centímetros para poder darlle uso á cuberta e así ampliar o espacio vivideiro do inmoble.
O concelleiro tamén aproveitou a ocasión para recordarlle á Deputación que é a única administración que aínda non fixo investimento neste proxecto e reclamoulle que faga as dúas rúas que se comprometera a facer.
Redacción Salnés








