‘Potenciar a recadación non implicará a suba de impostos’

    fole_plan_axustecopy.jpgVILAGARCÍA> Así o asegurou o alcalde, Tomás Fole, despois de expoñer o contido do Plan de Axuste que se debatará o venres en pleno.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_AXUSTE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    O venres a corporación do concello de Vilagarcía debaterá en sesión plenaria o Plan de Axuste que ven de ser presentado polo alcalde, Tomás Fole, despois de expoñerllo ós grupos da oposición. Un plan que, segundo o rexedor local, está encamiñado a que o concello poida garantilo pago a dez anos do crédito de 4’4 millóns de euros solicitado ó goberno central para o pago a provedores, sen pór en perigo os servizos mínimos.

    Entre as medidas que contempla este Plan Axuste atópase o incremento do IBI e a redución das contribucións ó plan de pensións, así como medidas potenciadoras da recadación municipal. Isto último non suporá, segundo Fole, unha suba doutras taxas do concello senón que se trata de pór en marcha actuacións que faciliten ó concello o cobro duns cinco millóns de euros en cantidades pendentes.

    O que si marcaron desde o Ministerio, explicou o rexedor local, é unha actualización a dez anos do IPC do 2%.

    Ademais o Plan tamén recolle outras medidas correctoras do déficit, que xa contemplaba o Plan de Saneamento do concello, como é a amortización de prazas vacantes, a redución da carga financeira ou o reaxuste do gasto en bens e servizos correntes.

    A sesión plenaria deste venres, contempla outros asuntos na orde do día coma o regulamento de Organización e Funcionamento dos Plenos e, de novo, a ordenanza das terrazas.

    Redacción Salnés