O Maestral Music Festival programa tres xornadas gratuítas para o público

SANXENXO> Xa imos coñecendo máis detalles do Maestral Music Festival de Sanxenxo. A menos dun mes do seu comezo, a organización presentou hoxe o cartel definitivo. Nomes como Pablo López, Aitana, Hombres G, Pastora Soler ou Vanessa Martín actuarán ante máis de 3.000 persoas no polígono de Nantes entre os días 3 e 23 de agosto. Hoxe anunciouse que, ademais dos concertos de pago, haberá tres datas nas que as actuacións serán de balde.

A pouco menos dun mes do seu arranque, imos coñecendo máis novidades do Maestral Music Festival que se estrea esta tempada en Sanxenxo. A organización prepara un cartel con máis de 27 artistas.

Os concertos desenvolverase entre o 3 e o 23 de agosto. Aitana será a encarga de inaugurar o festival, e ao día seguinte tomaralle o relevo Hombres G.  Alfred García o 19, Salvador Sobral o 17, Pablo López o 21, Pastora Soler o 22 e Vanessa Martín o 23, son algúns dos principais nomes.

A organización só deixa o día 11 sen programación. Hoxe tamén desvelaron outra novidade: haberá tres xornadas de portas abertas. La noche de Party FM o día 5 con artistas como Andy y Lucas e as actuacións de Andrés Balado o día 10 e de Black Light Gospel Choir o 13 serán gratuítas.

Os concertos celebraranse no  polígono de Nantes. Alí as máquinas xa traballan para instalar o escenario que dará cabida a preto de 3.500 persoas.

A oferta musical completarase coa gastronómica. No Maestral Music Festival estarán presentes ao redor dunha ducia de hostaleiros locais coa súa oferta. Tamén haberá varios chefs de renome, que ofrecerán menús degustación aos asistentes.

Comments are closed.