A Xunta mellorará o acceso ó enlace de Sampaio

rotondasampaio_100.jpgLOUSAME> A actuación da nova vía de conexión entre o corredor Brión-Noia e a estrada AC 543, á altura do núcleo de Sampaio iniciarase en xuño.

O proxecto propón a construción dunha vía que arranca na glorieta do enlace de Sampaio ata a estrada que une Santiago e Noia, onte está previsto emprazar outra rotonda co obxectivo de desconxestionar a carga de vehículos diaria que soportaba este núcleo de poboación.

{flowplayer}barbanza/construcionrotondasampaio.flv{/flowplayer}

Ademais esta actuación mellorará o acceso ó corredor Brión-Noia. O investimento da Consellería de Medio Ambiente e Territorio nesta actuación ascenderá a un millón e medio de euros. Está previsto que os traballos da nova vía de conexión se inicien a primeira semana de xuño.

O novo enlace tamén facilitará a comunicación co interior do concello de Lousame. O alcalde deste municipio avanzou que isto materializarase ca publicación do vindeiro estudio informativo da conexión da estrada AC 543 ata Portobravo. O prazo de execución serán seis meses polo que a actuación estará rematada antes de finais de ano.

Redacción Barbanza