Noia acolle a primeira feira do comercio da patronal fusionada

presentacionfeiracomercio.jpgNOIA> Máis de trinta firmas comerciais participarán na primeira Feira do Comercio organizada pola patronal conxunta.

{flowplayer}barbanza/presentacionfeiracomercio.flv{/flowplayer}

A fusión das tres asociacións e a entrada en vigor da nove lei de comercio marcarán esta feira de oportunidades que pretende ser un punto de inflexión tanto para os comerciantes como para clientes. Celebrarase os días 11, 12 e 13 de marzo, no pavillón municipal onde se instalarán trinta e dous expositores.

Dende a directiva da nova entidade convidaron a tódolos veciños de Noia e das vilas da comarca a achegarse ata a feira na que poderán atopar interesantes descontos. Quixeron ademais agradecer a colaboración de empresas e institución para levar a cabo esta iniciativa que conta cun orzamento de 20 mil euros.

A apertura oficial da feira será o venres ás cinco da tarde, xornada en que permanecerá aberta ata as nove e media. O sábado e o domingo o horario será de dez e media da mañá a nove e media da noite.

Redacción Barbanza