Non houbo acordo sobre a pasarela de Vista Alegre

    VILAGARCÍA> A asociación de comerciantes Zona Aberta e a Comisión Cidadá pola Recuperación do Patrimonio reuníronse esta tarde ca edil de Xestión do…

    {flowplayer}images/salnes/reunion_pasarela_vistaalegre.flv{/flowplayer}

    …Territorio, Tania García, para falar do futuro dos restos da antiga pasarela de Vista Alegre atopados na vilagarciá rúa Arcebispo Andrade. Veciños e comerciantes insisten en que se deixen á vista estes restos xa que entenden que contribuirán a incrementar o atractivo turístico da cidade. Pensan que os informes cos que conta o Concello son de opinión e non vinculantes, e reclaman poder ter eles mesmos unha reunión cos técnicos para ver se é viable a opción que propoñen.

    Porén, a posición do Concello é contraposta. Aseguran que a súa decisión se fundamenta en varios estudios técnicos que lles indican á mellor opción para superar este antigo pasal, que noutrora salvaba as marismas desde o Convento de Vista Alegre ata á Igrexa de Santa Baia de Arealonga.

    O clima de tensión crecente no que se desenrolou a sesión non axudou a que chegasen a un acordo común. A última proposta do Concello é contar con estes veciños á hora de peonalizar este espazo, onde se debuxará e se explicará mediante paneis explicativos o que foi a historia deste lugar.

    Remataron pois en táboas á espera dunha nova reunión que aínda non ten data fixada.

    Redacción Salnés