Sanxenxo supera a ‘proba’ de San Xosé coa vista xa na Semana Santa

SANXENXO> Sanxenxo supera con boa nota a ponte de San Xosé. A localidade non rexistrou apenas incidencias nin tampouco a chegada de persoas de fóra de Galicia. Durante a longa fin de semana tan só se tramitaron 11 denuncias por non leva-la máscara, malia a gran cantidade de visitantes que se achegaron ata a localidade.

O Concello de Sanxenxo supera con boa nota a ponte de San Xosé. O tempo acompañou e foron moitos os que se achegaron ata a localidade para gozar duns días de descanso. Iso si, só persoas chegadas doutros puntos de Galicia, porque de fóra -asegura o alcalde- non se interceptou nin o primeiro.

Ademais, os que elixiron a vila para pasa-la ponte amosaron un comportamento moi cívico. Dende o venres, apenas se tramitaron sancións relacionadas coa covid.

Tamén estivo a altura o sector hostaleiro sanxenxino. Tamén os seus clientes aínda que, entende o alcalde, non tanto.

Esta ponte de San Xosé serviu en Sanxenxo, localidade turística por excelencia, como proba do que pode se-la Semana Santa. O rexedor confía en que para daquela tamén gañe o civismo. Fai un chamamento a non baixa-la garda sempre co obxectivo, insiste, de salva-lo verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí