![]()
POIO> O orzamento ascende a 9.936.000 euros, un 10% menos que no 2010. Manterase o gasto en servizos básicos e reducirase en investimentos e persoal.
{flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_POIO.flv{/flowplayer}
O edil de Facenda de Poio, Xulián Barros, recoñece que non foi doado elaborar o orzamento deste ano, pero que no non por iso van a aumentar a presión fiscal ós cidadáns. Seguen conxelados os impostos municipais, aínda que o groso dos ingresos procederá de taxas e prezos públicos, sobre todo derivados do uso de dominio público por parte de empresas de subministros e multas de tráfico.
Gastarase máis en servizos básicos comprometidos por contrato, é dicir, no pago de luz ou recollida de lixo. Unha subida que se compensará co recorte na contía de premios e subvencións concedidos a entidades culturais e deportivas do municipio, así como a eliminación de oito postos de traballo que están vacantes e non se prevén cubrir neste ano. Si se apostará polos Servizos Sociais, aumentando ata nun 20 por cento a contía dedicada a axuda a domicilio. Pero se algo destaca nestas contas son os investimentos. Supoñén só o 3%, é dicir, 294.000 euros, aínda que en realidade áscenderían a 1.300.000 contando coa modificación extraordinaria de crédito realizada o ano pasado por valor de 957.000, unha contía que se destina a obras que se executarán nesta anualidade.
A pesar de que este é o terceiro orzamento consecutivo que se redacta cun recorte nos ingresos, o edil de Facenda insiste en que a situación do concello é boa, aínda que confía na recuperación da situación económica para evitar caer en déficit.
Redacción Salnés









