O Paseo da Calzada conta cunha peza sobre a figura de Asorey

    CAMBADOS> Cambados comezou esta tarde ca súa serie de homenaxes ó escultor Francisco Asorey, neste ano que adican a súa memoria. Os actos…

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_estatuta_francisco_asorey.flv{/flowplayer}

    … comezaron na casa consistorial onde recibiron ó seu fillo José Manuel e a súa neta Carmen, que asinaron no libro de honra do Concello. De aquí, atravesaron o paseo da Calzada en comitiva ata chegar o seu termo; onde descubriron unha escultura do ilustre artista feita por Lucas Míguez. Nela Asorey sae traballando como o recordan os seus, os que o coñeceron ben de preto.

    A data escollida para este acto non foi casualidade, hoxe cumpriríanse 122 anos do seu nacemento.

    De aquí en diante, o Concello continuará cunha serie de actos diversos dentro e fóra de Cambados para lembrar a vida e obra de Asorey, e sobre todo, achegándolla á xente moza.

    Este ano do Escultor Asorey xa conta co compromiso de apoio da Deputación de Pontevedra e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

    Redacción Salnés