VALGA> Mar de Santiago presenta a súa propia páxina web. Na plataforma amosarase a oferta turística dos catro concellos que forman este proxecto. O paso por Fitur pode marcar o seu futuro.
Mar de Santiago continua dando pasos para intentar converterse nunha das rutas referentes do camiño de Santiago. O percorrido fluvial que une os concellos de Vilanova, Catoria, Valga e Pontecesures presentou hoxe a súa paxina web.
Na páxina poderá consultarse a oferta turística tanto da ruta fluvial como de cada un dos concellos.
A marca presentou o seu vídeo oficial en Fitur. Un evento celebrado hai menos dun mes e que pode marcar o futuro desta ruta. Polo de agora os concellos reuníronse con catro touroperadores e nas vindeiras datas teñen pactadas outros oito encontros.
Dende os concello tamén agardan que esta ruta fluvial poda beneficiar aos negocios locais de cada vila. O futuro da marca pasa por pechar os acordos cos touroperadores e desenvolver en cada concello todos os produtos locais.