![]()
SANXENXO> Os asistentes ó Taller de Memoria Municipal de Sanxenxo, en colaboración ca Oficina Municipal de Voluntariado organizaron…
{flowplayer}images/salnes/concurso_doces_entroido.flv{/flowplayer}
… esta tarde cadanseu concurso de doces típicos do Entroido e de disfraces. A cousa estivo moi apertada en ámbolos dous concursos; sobre todo no culinario posto que as cociñeiras eran ben experimentadas fronte ós fogóns.
Finalmente o xurado decidiu dar os premios a Lourdes Blanco Rodríguez, cas súas flores de carnaval; seguida de Marcela Gómez Pérez, cunhas rosquiñas; e terceira Mercedes Castro Fontán cuns buñuelos de Entroido.
Elas mesmas son as que nos revelan o segredo do éxito. As vestimentas puxeron o toque distintivo a este entroido en Portonovo.
E é que esta é a época do ano máis propicia para cambiar de personalidade, deixar ós problemas a un lado e desfrutar do momento. Logo da entrega de premios por parte da alcaldesa Catalina González, a tarde rematou cunha xoldra tamén típica do Entroido.
Redacción Salnés









