O barrio do Piñeiriño repartirá 150 quilos sardiña na noite de San Xoán

VILAGARCÍA> O barrio do Piñeiriño en Vilagarcía preara 150 quilos de sardiñas para a noite de San Xoán. Os hostaleiros mozos da zona repiten coa organización dun festexo que se están convertendo nun referente da comarca. A nota musical virá da man da orquestra New York e dos djs Dumore e José de las Heras.

O barrio do Piñeiriño, tamén coñecido como As Pistas, en Vilagarcía, volverá gozar dun gran festexo pola noite de San Xoán. De novo un grupo de hostaleiros mozos da zona repiten coa comisión de festas para que o barrio sexa unha referencia nunha das noites máis especiais en Galicia. Eles son Lucas e Borja do Madia Leva, Luismi do Nautilus e este ano súmase Adrián do Amor de Madre. Ante o éxito do ano pasado, a organización preparará 150 quilos de sardiñas, ademais de ofrecer outras alternativas gastronómicas como churrasco.

A parte musical contará coa orquestra New York e os djs Dumore e José de las Heras.

E como non, nunha noite de San Xoán non pode faltar unha boa cacharela. Pero para que todo isto sexa posible, os organizadores realizan un investimento importante, por iso piden colaboración á veciñanza. Colaboración que se pode facer a través das huchas que están nos bares o mercando rifas.

O ano pasado foron miles de persoas as que se achegaron ao barrio a gozar de San Xoán, un éxito que a organización agarda repetir potenciando ás Pistas e animando á veciñanza.

A colaboración é necesaria para que a organización poida seguir realizando unha festa de tal calibre. Outra maneira boa de axudar, é achegándose á noite de San Xoán a gozar da festa, degustando os diferentes produtos que a comisión venderá nas súas barras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí