O PP acusa ó goberno de aumentar a débeda municipal cun novo creto

    ppboironovocreto.jpgBOIRO> O grupo municipal do PP arremeteu  novamente contra o executivo local pola situación económica que está a atravesar o concello.

    {flowplayer}barbanza/ppboironovocreto.flv{/flowplayer}

    Nesta ocasión as críticas veñen provocadas pola aprobación, o pasado 24 febreiro, por Decreto da Alcaldía e por vía de urxencia, dun creto por importe de 1’8 millóns de euros, co fin de proceder ó pago de débedas con acredores e provedores.

    Segundo o PP esta operación de tesourería, evidencia unha vez máis a caótica situación e o descontrol existente no concello, realizada tan só dous meses despois de aprobar os orzamentos.

    O voceiro do PP boirés sitúa a débeda actual do concello, só en gasto corrente, ó redor dos seis millóns de euros.

    Medida electoralista

    Ademais Xoán Xosé Dieste sospeita que coa escusa de pagar os acredores e provedores, o executivo utilice esta operación de tesourería para facer electoralismo financiando obras de última hora.

    Redacción Barbanza