Portos reverterá ós concellos aquelas zonas sen usos portuarios

RIBEIRA> Portos de Galicia está disposto a desprenderse daquelas zonas portuarias de uso público que xa non se empregan para tarefas portuarias propiamente ditas. Tratábase dunha vella demanda de moitos concellos costeiros. O acordo foi posible grazas á mediación da Federación Galega de Municipios e Provincias. Entre os concellos beneficiados por esta modificación de usos atópanse o de Ribeira, Porto do Son e Rianxo.

Satisfacción no seo do executivo ribeirense pola decisión de Portos de desafectar varios espazos portuarios para poñelos a disposición do Estado que os revertiría posteriormente ó Concello. Segundo explicou o alcalde en funcións, Manuel Ruíz, trátase dunha demanda histórica, que agora por fin será unha realidade.

En Ribeira a medida afectaría principalmente ás zonas do Malecón e as Carolinas. Dous espazos que xa están plenamente integrados na contorna urbana na que os propios servizos municipais se encargan da súa limpeza e mantemento.

Outros dos concellos beneficiados por este acordo serían Rianxo e Porto do Son.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí