Pontevedra actualizará e dixitalizará os datos sobre o seu patrimonio

     PONTEVEDRA> Dende o ano 1994 que o concello non fai un inventario do patrimonio municipal, agás a actualización puntual dalgún expediente.

    {flowplayer}images/salnes/ActuacionsPatrimonio_040413.flv{/flowplayer} 

    Despois de realizar un estudo pormenorizado, o concelleiro Vicente García Legísima cre mester actualizar e dixitalizar o inventario do patrimonio municipal. A intención é convocar un concurso público para contratar esta tarefa, xa que os documentos agora existentes están en papel e son de moi difícil consulta.

    Segundo Legísima o concello dispón de 370 inmobles, a metade deles fontes e lavadoiros, 374 viais, a gran maioría en zona urbana e 95 bens históricos, principalmente obras de arte. O edil de Patrimonio indicou que non existe un rexistro sobre o valor global do patrimonio e que o prezo co que están tasados son pesetas, polo que a valoración dos bens tampouco esta actualizada.

    Dos últimos rexistros, realizados en 1994 e 1998, destaca o valor do Cuartel de San Fernando, a actual facultade de Belas Artes, tasada en 1.500 millóns de pesetas. Pasarón estaba tasado en 585 millóns mentres que o complexo deportivo de Campolongo en 470 millóns de pesetas.

    Redacción Salnés