O BNG empregará internet como soporte da campaña electoral

    BNGNOVASTECNOLOXIAS copia.jpg CAMBADOS> Na súa canle de Youtube xa se pode ver un vídeo promocional, máis de dúas mil persoas os seguen en facebook e contan cun blog.

    {flowplayer}images/salnes/VIDEO_ELECTORAL_BNG_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    A carta de presentación do BNG cambadés ante os internautas pode verse xa na súa canle de Youtube, en http://www.youtube.com/user/BNGCAMBADOS. É o primeiro paso dunha campaña electoral que terá moi presente as novas tecnoloxías. Os nacionalistas apostarán por un contacto permanente cos electores a través da rede. De aí que a esta canle de vídeos sumen un blog (http://victorcaamanho.info/) que actualizan periodicamente con información e un perfil en facebook (http://gl-es.facebook.com/people/Bng-Cambados/). Teñen xa dous mil amigos.

    Coa maquinaria propagandística en marcha só queda completar a lista electoral cos 17 nomes máis os suplentes que restan por coñecer. Será presentada en breve. Mentres, os ocupantes dos seis primeiros postos xa avanzan no vídeo promocional algunhas das súas propostas.

    Redacción Salnés