A Consellería de Pesca impulsará o Museo do Mar de Rianxo

    RIANXO > O Director Xeral de Infraestruturas Pesqueiras visitou o concello de Rianxo para manter unha reunión co colectivo de mariñeiros propietarios de embarcacións de entre oito e dez metros. O representante autonómico debateu cos representantes do sector as súas principais reivindicacións nunha xuntanza privada onde tamén se plantexou a necesidade de impulsa-lo proxecto do museo do mar.

    O Director Xeral de Infraestruturas Marítimas da Consellería de Pesca, Manuel Cabirta, foi recibido no concello de Rianxo polo alcalde, Pedro Piñeiro, no seu despacho. A continuación, Cabirta mantivo unha xuntanza cos representantes dos mariñeiros que operan con embarcacións de entre oito e dez metros para coñece-las súas inquedanzas e establecer liñas de colaboración dende a Consellería de Pesca. O alcalde rianxeiro, Pedro Piñeiro, agradeceu a visita do director xeral que amosou un enorme interese por coñecer de primeira man os problemas do sector marítimo da comarca para traballar na busca de posibles solucións.

    Manuel Cabirta explicou que a intención do seu departamento é ir mantendo reunións con tódolos sectores para coñece-la realidade marítima de Galicia e artellar proxectos conxuntos de dinamización. Outra das intencións da Consellería e impulsar a creación do museo do mar proxectado polo executivo municipal.

    Redacción Barbanza