Poio promove o Colón galego entre os nenos

libro_colon100.jpgPOIO> Que os nenos saiban da orixe galega de Cristóbal Colón. Este é un dos principais obxectivos do Concello de Poio, …

{flowplayer}images/salnes/libro_colon.flv{/flowplayer}

POIO> Que os nenos saiban da orixe galega de Cristóbal Colón. Este é un dos principais obxectivos do Concello de Poio, que acaba de adquirir varios exemplares do libro O Noso Colón, de Clementina Vidal Caramés.

Trátase do primeiro conto para nenos sobre Cristóbal Colón. O Concello presentou onte á noite a súa terceira edición na casa museo de Colón. O conto O Noso Colón publicouse por primeira vez hai 21 anos e nel faise referencia á orixe galega do descubridor de América.

Esgotadas as dúas primeiras edicións, agora sae unha nova tirada de exemplares da editorial El Taller del Poeta. O libro está escrito cunha linguaxe sinxela e conta con ilustracións moi tenras, feitas por un sobriño da autora, de 15 anos. Clementina Vidal confía en que seguirá o éxito das anteriores.

Na presentación do libro tamén participou onte o editor Fernando Luís Perez. O acto celebrouse dentro das I Xornadas Poio, Berce de Colón.

Redacción Salnés