O Comercio Xusto cumpre 10 anos nas Galería da Oliva

Pontevedra> O establecemento do comercio xusto de Pontevedra, situado nas galerías da Oliva, cumpre 10 anos. Dende este espazo quixeron agradecer as 43 persoas que pasaron ao longo deste tempo por este local. A directora de solidariedade lembrou que o Comercio Xusto chegou hai 20 anos a Galicia co fin de servir como ferramenta de denuncia, reivindicación e compromiso. O local do comercio xusto en Pontevedra, nas Galerías da Oliva, cumpre 10 anos, pese a que xa son 20 anos o tempo que esta entidade leva instalada na nosa comunidade. Preto de 43 persoas pasaron ao longo de todos estes anos por este establecemento. Dende a súa organización lembraron que o Comercio Xusto nace como unha ferramenta de denuncia, reivindicativa e de compromiso. A mensaxe fundamental que queren lanzar dende este espazo é a necesidade de realizar un consumo responsable. Un espazo dende o que din lles falta dar o derradeiro paso final. Parabéns por todo o traballo realizado ao longo destes 10 anos e por moitos máis, nos quedamos coa mensaxe e necesidade de realizar un consumo responsable.