O novo vial perimetral do Gran Montecelo, aberto por fin ao tráfico

PONTEVEDRA> O novo vial perimetral do Gran Montecelo xa está aberto ao tráfico. O treito foi aberto esta mañá. Son 850 metros que conectan as inmediacións do Príncipe Filipe coa rúa Ángel Limeses. A obra, executada polo concello de Pontevedra, comezou a mediados de 2022 e debería estar rematada o pasado verán. Esta mañá no acto de inauguración, tanto o alcalde como os representantes da Xunta e a Deputación salientaron a necesidade de seguir traballando en sintonía para proxectos clave como este, non só para Pontevedra senón que para a súa área sanitaria.

O tempo non acampañou esta mañá no paseo das autoridades polo novo vial perimetral de Montecelo. A circunvalación xa entrou en servizo hoxe, ao remata do acto oficial. É un treito de 850 metros, executado polo Concello, que conecta a través de dúas rotondas o Príncipe Filipe coa rúa Ángel Limeses.

Esta obra custou case 1,2 millóns de euros. O alcalde apuntou que en toda a obra do Gran Montecelo o concello investirá 16 millóns. O vicepresidente da Deputación de Pontevedra aproveitou para poñer en valor o investimento de 200 millóns de euros que fai a Xunta no novo hospital. Sobre o vial perimetral salienta que é unha realidade grazas á lealdade institucional.

O novo vial dará servizo a un novo hospital que, segundo avanzaron, atópase nestes momentos ao 75% da construción.

Por outra banda, esta mañá o alcalde restáballe importancia ás queixas dalgúns veciños da zona pola falta de accesos ás súas parcelas.

O novo vial ten unha velocidade limitada en todo o treito a 30 km/h. Conta cun carril en cada sentido de circulación, beirarrúas, pasos de peóns elevados e iluminación.