Varias mozas implicadas nunha pelexa en pleno centro de Pontevedra

PONTEVEDRA> Pelexa na rúa, en pleno centro de Pontevedra. Varias mozas protagonizaron a liorta, na praza de Méndez Núñez. Foi na pasada noite, nunha zona de terrazas moi concorrida.

Na pelexa víronse implicadas varias mozas. Unha delas mesmo tiña no seu colo un bebé. Segundo transcendeu, foi un enfrontamento entre dous bandos, que comezou, presuntamente, coa agresión dun home a unha muller. Uns feitos que relatou a propia moza, indicando que o varón se atopaba con outras mulleres.

Moitas das persoas que estaban na zona nese intre comezaron a gravar a escena, na que se ve como se dan patadas, lavadas ou mesmo como se arrancan mechóns de pelo. Tamén se poden escoitar berros e insultos.

Eses vídeos foron de inmediato publicados nas redes sociais. Momentos de tensión que quederon controlados coa chegada da Policía Nacional, que enviou ata a zona a tres patrullas.

Ningunha das persoas implicadas na pelexa resultou ferida, polo que non foi preciso mobilizar ata a zona aos efectivos sanitarios.

Por estes feitos foron identificadas seis persoas. Ningunha das persoas implicadas quixo presentar denuncia. Si o dono do local onde se desenvolveron os feitos, afectado con varios elementos do mobiliario rotos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí