O PSOE defende a viabilidade do destape do Gafos con ata 15 informes técnicos

PONTEVEDRA> O proxecto de destape do río Gafos en Campolongo, en Pontevedra, novo motivo de confrontación entre os exsocios de goberno. O Partido Socialista saíu hoxe ao paso das declaracións do BNG que apuntaban a que non existían estudos sobre a viabilidade desta intervención. Iván Puentes asegurou que o expediente do proxecto conta con ata 15 informes técnicos que avalan esta proposta. Por iso acusou ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e ao edil de mobilidade, César Mosquera, de mentir.

O Partido Socialista de Pontevedra defendeu a súa xestión do proxecto de renaturalización do río Gafos que impulsou cando estivo no goberno no anterior mandato.

Refírese Puentes ás declaracións nas que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Mobilidade, César Mosquera, aseguraban que non había ningún estudo sobre a viabilidade desta actuación.

A estes documento habería que sumar, segundo o edil socialista, outros 13 documentos técnicos que avalan tamén a viabilidade do proxecto. Desta volta procedentes da Comisión Europea, o Goberno Central e a Xunta de Galicia, incluído Augas de Galicia.

Para Iván Puentes, a insistencia do goberno na realización dun estudo xeotécnico é unha escusa para non realizar a obra, que conta cunha subvención de 2,3 millóns de euros de fondos europeos. Cartos que, advirte o socialista, poderían perderse se non está rematada e recepcionada o 31 de decembro de 2025.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí