O novo partido de Landín xa é unha realidade: nace ‘Xuntos por Galicia’

BARRO> O novo partido de José Antonio Landín, ex alcalde de Barro, xa é unha realidade. Esta mañá naceu Xuntos por Galicia, unha formación que, segundo o seu propio líder, terá vocación autonómica e local. En Barro concorrerá ás eleccións municipais do 2023 co nome de ‘Xuntos por Barro’, pero Landín agarda montar listas noutros concellos da contorna.

Un mes despois de abandonar as filas do Partido Popular, o seu histórico líder en Barro, José Antonio Landín, encabeza unha nova formación. Hoxe naceu nunha notaría de Vilagarcía o seu novo partido político: Xuntos por Galicia.

Así en Barro nas eleccións municipais do vindeiro ano haberá unha nova papeleta, a de Xuntos por Barro. Pero o partido nace con vocación autonómica e local. De feito, non desbotan presentar listas noutros concellos.

Neste novo proxecto, o exalcalde estará acompañado polos dous edís de Barro que abandonaron o PP con el, José Suárez e Lucho Martínez, que serán secretario e tesoureiro respectivamente da nova formación. No pleno municipal de mañá, os tres pasarán a ser concelleiros non adscritos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí