Rafa Domínguez ascende a vicepresidente primeiro da Deputación coa chegada ao goberno provincial de Luisa Sánchez

PONTEVEDRA> Cambios no goberno da Deputación de Pontevedra. A marcha da xa exvicepresidenta Marta Fernández-Tapias obrigou a reestrutura-lo executivo provincial. Luisa Sánchez tomou posesión como deputada esta mañá, converténdose na vicepresidenta segunda. A reestruturación implica tamén o ascenso do pontevedrés Rafa Domínguez, que pasa a se-lo vicepresidente primeiro. Hai tamén cambios en varias áreas.

Este era o momento no que Luisa Sánchez tomaba posesión como deputada provincial no pleno extraordinario que se celebrou esta mañá na Deputación de Pontevedra. Chega, tamén dende Vigo, no sitio que deixou no grupo popular Marta Fernández-Tapias, que renunciou logo das pasadas eleccións autonómicas por motivos persoais.

A súa marcha e a chegada de Luisa Sánchez tradúcense tamén en cambios no goberno provincial. Ela será a nova vicepresidenta segunda.

A reestruturación do executivo supón tamén o ascenso do pontevedrés Rafa Domínguez, que pasa a ocupa-la vicepresidencia primeira.

Ademais dos cambios nesas áreas, esta crise de goberno trae outras novidades. O deputado Jorge Cubela farase cargo da área de Cultura, xunto coas que xa tiña. O vilanovés Javier Tourís incorpora ás súas responsabiliddes a xestión da Estación Fitopatolóxica do Arreeiro. O presidente provincial quixo darlle as grazas aos deputados que sofren cambios nas súas responsabilidade e, en especial, á nova vicepresidenta.

Sánchez foi durante 25 anos directiva de Povisa, “unha das empresas máis importantes da provincia no ámbito sanitiario, dixo Luis López.