O BNG pide o reforzo da seguridade viaria na rúa Castelao en Aguiño

    RIBEIRA> Os nacionalistas recollen o malestar de moitos veciños da zona que se queixan da elevada velocidade coa que circulan os vehículos por esta zona. O reforzo da sinalización tanto horizontal como vertical ou a instalación de pasos de peóns elevados, son algunhas das medidas que os nacionalistas demandan para a rúa Castelao de Aguiño. Recollen o malestar de moitos residentes e tamén veciños da zona, que se queixan da elevada velocidade á que circulan os vehículos, a pesar da existencia de limitación a trinta quilómetros por hora. Dáse ademais a circunstancia de que na que atópanse tamén varias instalacións deportivas ás que acoden diariamente numerosos veciños, o que aumenta aínda máis o risco de posibles accidentes. Os nacionalistas aproveitaron tamén a ocasión para demandarlle ó executivo local a mellora dos desperfectos existentes tanto no campo de fútbol da Tasca como na pista polideportiva alí existente.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí