![]()
BOIRO> O subdelegado do goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiu a reunión da xunta local de seguridade celebrada no concello de Boiro.
{flowplayer}barbanza/xuntalocalseguridadeboiro.flv{/flowplayer}
Incrementar a seguirdade cidadá e reducir os índices de criminalidade. Estes son os obxectivos principais da xunta local de seguridade reunida en Boiro coa presenza do subdelegado do goberno na Coruña, Jorge Atán.
No transcurso da xuntanza analizouse a evolución da seguridade a nivel municipal que ten rexistrado un leve repunte aínda que en materia de infracións, preferentemente altas.
Máis casos resoltos
Aínda así, incrementouse o índice de esclarecemento de delitos ó longo do ano, superior ó cincuenta por cento. A xunta reunirase proximamente co obxectivo de seguir mellorando a coordinación entre os distintos corpos de seguridade.
Mesa violencia de xénero
Tamén está previsto que nas próximas semanas se reúna a mesa local de coordinación da violencia de xénero.
Antes de presidir a reunión, o subdelegado do goberno realizou unha visita ás instalacións do posto da Garda Civil de Boiro para coñecer máis de preto o traballo dos axentes.
Redacción Barbanza










