O Portonovo afúndese na xeral tras caer na Fontenla

SALNÉS> A derrota ante o Santa Comba (4-1) devolve ós de Baltar á derradeira posición da xeral. O Vilalonga non puido co Cerceda (1-2), que remontou un tanto incial dos celestes.

O Portonovo cada vez ten máis complicada a salvación logo de caer onte ante un rival directo como o Santa Comba por 4-1. Os de Jacobo Molina foron quen de adiantarse no marcador grazas a un tanto de Ferreiro ós dous minutos, un Ferreiro que logo marcharíase lesionado. Pero os locais reaccionaron sabedores da importancia do encontro e liderados por Capelo, que asinou dous tantos, fóronse 3-1 ó descanso e remataron a goleada xa no parte final do partido. O Portonovo volve a ser último debido ás victorias onte de Bergantiños e Narón.

Pola súa parte o Vilalonga non puido dar a sorpresa ante o líder Cerceda co que caeu en San Pedro por 1-2. Os de Gabi Leis plataron cara ó mellor equipo da competición e puxéronse por diante no marcador cun tanto de Castiñeiras en propia meta ós nove minutos. Manu Barreiro e Xaco déronllela volta ó electrónico antes do descanso. O Cerceda xogou con dez todo o segundo tempo por expulsión de Rodri, pero aguantou o tipo ante un Vilalonga que acabou estrellando tres balóns á madeira.

Redacción Salnés