Portos mellora o pantalán de descarga da Pobra

    POBRA> Portos de Galicia executou melloras no pantalán de descarga da Pobra no que operan medio cento de embarcacións de pesca e marisqueo. As obras, que ascenderon a oito mil euros, consistiron na substitución das cadeas de amarre para reforzar a súa estabilidade. Tamén se procedeu á reposición das táboas danadas polos efectos dos temporais. Con esta actuación, moi demandada pola confraría pobrense, Portos de Galicia busca mellorar a seguridade e as condicións de traballos dos profesionais que operan a diario neste peirao.