VILAGARCÍA> A función terá lugar o vindeiro venres a partir das nove da noite no Auditorio. A entrada será de balde.
{flowplayer}images/salnes/ESPECTACULO_ALICIA.flv{/flowplayer}
Os amantes do mundo dos soños e dos contos teñen unha cita o vindeiro venres no Auditorio de Vilagarcía. Este espazo acollerá a adaptación do clásico Alicia no país das marabillas nunha montaxe que combina teatro e danza.
Alicia&Alicia é unha versión libre e actual do clásico de Lewis Carroll a partir da adaptación realizada por Paula Carballeira. O espectáculo, que combina teatro e danza con apoio audiovisual, está dirixido ó público adulto.
E é que esta fusión foxe da historia orixinal e preséntannos unha nova Alicia recreada pola actriz vilagarciá Isabel Gago. A montaxe está dirixida por Alfredo Rodríguez.
Esta fusión, na que a imaxinación e a fantasía cobran vida, xorde precisamente da unión das compañías Factoría Teatro e Disque Danza da que naceu A Producións Artísticas.
O edil de Cultura sinalou que se trata dunha obra reinterpretada en clave actual con referente local. Por iso, animou ós veciños da comarca a que asistan á función.
A función terá lugar o venres a partir das nove da noite. A entrada será de balde.
Redacción Salnés