Carmela Silva visita O Grove e o cualifica como unha vila do século XXI

O GROVE> Carmela Silva visitou no Grove as obras financiadas co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Segundo a presidenta en funcións o municipio está irrecoñecible grazas ao desenvolvemento do modelo de recuperación de espazos públicos. O alcalde en funcións asegurou que estes proxectos mellorarán a calidade de vida dos veciños.

A deputación de Pontevedra, a través do seu Plan Concellos, está a executar dous proxectos no Grove cun investimento de máis de 170 mil euros. A presidenta en funcións visitou as obras e asegurou que o municipio está irrecoñecible. Carmela Silva felicitou ao alcalde da vila por apostar por un modelo de cidade no que prevalecen os espazos públicos.

As dúas obras que a deputación esta a levar a cabo no Grove consisten na ordenación da avenida Beiramar e na creación dun parque de skateboard na praza do Corgo. Para o alcalde en funcións, estas proxectos mellorarán a calidade de vida dos veciños.

A boa sintonía entre Cacabelos e Carmela contrasta ca relación do socialista con Portos de Galicia. O alcalde en funcións criticou a entidade portuaria polo estado da explanada do Corgo.

Os dirixentes socialistas aproveitaron a visita para asinar o contrato para a construción do Auditorio do Grove.