A queima de Don Cigarro despide o Entroido cambadés

    doncigarro copia100.jpgCAMBADOS> Unha comitiva de viúvas e viúvos non faltou ó adeus deste protagonista, parodia da polémica Lei Antitabaco.

    {flowplayer}images/salnes/ENTERRO_PAQUETE_TABACO.flv{/flowplayer}

    Cambados e un nutrido séquito de plañideiras e viúvos, despediron este Mércores de Cinsa a Don Cigarro, o protagonista do último día de Entroido da vila. Os choros e as mensaxes reivindicativas non faltaron a esta parodia en honor da nova Lei Antitabaco.

    Reparto de chocolate quente e postres típicos destas datas, a lectura dos responsos e a unción do defunto, concentraron a atención na praza do concello. Despois, a marcha fúnebre percorreu a vila cambadesa ata a praia de San Tomé, onde Don Cigarro foi incinerado con público de todas as idades.

    Sara Montiel xa non poderá volver cantar "fumando espero al hombre que más quiero”, adeus ás descargas de winston batea ou o fulano que foi a por tabaco e aínda non regresara, xa volveu para casa, son algunhas das mensaxes que a comitiva deixou a Don Cigarro na súa última viaxe.

    Redacción Salnés