9 dos partipantes do plan de formación especializada de Vilagarcía conseguen un contrato laboral

VILAGARCIA> Vilagarcía entrega os diplomas aos 15 participantes do segundo plan de formación especializada. Os 15 desempregados formáronse grazas a colaboración das empresas Fundivisa, Thune Eureka e Meicatec. Dos participantes, 9 deles comezarán a traballar con estas compañías.

Despois de x meses de formacións, os 15 desempregados que participaron no segundo plan de formación especializada de Vilagarcía xa contan cos coñecementos necesarios para integrarse no mundo laboral. Esta formación impártese grazas á colaboración das empresas Fundivisa, Thune Eureka y Meicatec.

Dos 14 participantes que conseguiron rematar o curso, xa que un atopou traballo antes, 9 comezaran a traballar cun contrato de tres meses

No caso dos contratados por Fundivisa xa comezaron a traballar hai dúas semanas. Dende as empresas valoran a cualificación destes traballadores.

Dende o goberno vilagarcián xa pensan na celebración do terceiro plan de formación, agardando que máis empresas se sumen para poder obter máis contratos profesionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí