SANXENXO> Situación límite a dunha familia de Portonovo cun neno de 3 anos que están a punto de ser desafiuzados. A caseira dálles de límite ata o venres tras 4 meses sen poder pagar o aluguer. A familia pide axuda para pagar a débeda e atopar outra vivenda.
En plena pandemia da covid 19 e ás portas do Nadal, unha familia de Portonovo, cun neno de tres anos, está a punto de ser desafiuzada. A familia tivo que deixar de pagar o aluguer da vivenda en Setembro ao quedar sen ingresos. 4 meses despois, a caseira dálles de prazo ata o venres para abandonar a vivenda.
Tanto o concello de Sanxenxo como a asistencia social están axudando á parella para poder atopar unha solución. Ao carecer de contrato de aluguer, a familia non pode optar ás subvencións destinadas a este fin. As outras axudas estanse tramitando.
De consumarse o desafiuzamento a familia advirte que non ten ningún lugar onde ir.
A falta de ingresos deixa a familia nunha situación límite incluso para poder mercar alimentos. A parella teme polo seu fillo.
A isto súmaselle que o pequeno está de aniversario o 24 de decembro. A familia pide axude para poder pagar a débeda, cambiar de vivenda e para que o neno teña agasallos durante o nadal.
A familia agradeceu o apoio que están recibindo por parte dos veciños e das familias dos colexios de Sanxenxo e Portonovo. A familia abriu unha conta bancaria para quen queira axudalos, os interesados poderán poñerse en contacto con eles a través do correro adrianfaria.comercial@gmail.com