![]()
SALNÉS> Supervisou o asfaltado da estrada Fefiñáns – Oubiña, á altura do polígono industrial de Cambados e despois desprazouse ata Sanxenxo.
{flowplayer}images/salnes/LouzanCambadosSanxenxo.flv{/flowplayer}
Rafael Louzán supervisou esta mañá no polígono industrial de Cambados, as obras de asfatado da estrada Fefiñáns – Oubiña, que ademais se está ancheando e dotando de beirarrúas. Ademais o presidente da Deputación puido coñecer da man do alcalde de Cambados, os traballos que se van levar a cabo ademáis deste.
Despois haberá unha terceira fase que consistirá en derribar este galpón para poder ensanchar a estrada neste punto e así facilitar a circulación. A inversión total neste proxecto será de 200.000 euros.
Cantidade que se suma ós 315.000 euros invertidos pola Deputación no concello de Sanxenxo.
Concretamente no proceso de humanización das rúas Viña da Fonte, Mariñeiros e Sol. A alcaldesa do municipio recibiu esta mañá ó Presidente da Deputación para inaugurar este traballo que está xa finalizado.
Para rematar Louzán achegouse tamén ó campo de fútbol de Baltar, no que a Deputación ten prevista unha inversión de 800.000 mil euros para a instalación do céspede artificial, ademais das bancadas e o marcador electrónico entre outros elementos.
Redacción Salnés







