Durán discrepa con VIvenda sobre a situación do polígono de Baión

    VILAGARCÍA> O director xeral de vivenda e solo, Daniel Pino, visitou esta mañá a Cámara de Comercio de Vilagarcía para informar sobre o solo industrial da Comarca do Salnés. Un dos temas que centrou a conferencia foi a situación do polígono de Baión. Pino afirmou que se comezará a construír no ano 2.007 e que actualmente está en proceso o estudio de viabilidade do proxecto. O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán discrepou da exposición e corrixiu varios erros.

    O director xeral de vivenda e solo, explicou a situación na que se atopa o proxecto do polígono de Baión. Deste xeito afirmou que a zona industrial  Vilanova I e Vilanova II están dentro das obras a realizar. A administración está acelerando os procesos de expropiación de terreos para comezar as obras no ano 2.007.

    Estes datos non corresponden coas expectativas do alcalde vilanovés, Gonzalo Durán. O director xeral de vivenda e solo afirmou que se construiría todo o polígono e que estaba unificado xeograficamente. Durán discrepou desta afirmación xa que segundo os planos do proxecto enviados pola Xunta o pasado mes de agosto as fases do polígono están separadas fisicamente por quilómetros de distancia. Ademáis o dirixente vilanovés recriminoulle que non se cumprira os prazos previstos xa que o polígono debería estar construído no ano 2.006.

    Redacción Salnés