O número de positivos sube a 871 na área Santiago-Barbanza

BARBANZA> O último balance de datos na área Santiago-Barbanza sitúa os positivos activos nas 871 persoas. Dese total, están hospitalizados 202 pacientes: 177 en hospitalización convencional, incluíndo ós cinco ingresos a día de hoxe no hospial da Barbanza, e 25 en unidades de coidados críticos, aqueles casos máis graves. O número de altas hospitalarias que xa superaron a doenza achégase xa ás cen persoas nesta área sanitaria e a cifra de test rápidos ou PCR realizadas ronda as cinco mil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí