O Grove celebra o seu desfile de Entroido

    O GROVE > Esta tarde as rúas mecas acolleron o tradicional desfile de Entroido, no que participaron unha chea de disfraces, cada cal máis orixinal.

    Esta actividade comezou ás cinco e cuarto da tarde na praza do Corgo, e dende aquí, partiu a comitiva de entroidos, que deron varias voltas ó coñecido como sambódromo Meco, que vai desde esta praza, á rúa Beiramar, Luís Casais, Castelao, Rúa da Praza e Luís Seoane.

    O público de toda a comarca non quixo faltar a este gran desfile no que puidemos ver disfraces colectivos tan curiosos como un campo de fútbol completo, o reparto da peli Shrek, ou un exercito de soldadiños de chumbo, que como no conto, custodian á bailarina da caixa de música. A maiores, había disfraces de rabiosa actualidade na comarca como os Furanchos, ou mesmo o colectivo de mariscadoras con vixiante da confraría incluído.

     Pero para participar neste desfile e optar ós premios tamén era posible actuar en solitario, como unha rapaza que lucía este laborioso disfraz, feito con vasos de plástico dos iogures. Aínda que o importante nesta data non é o que leves posto senón o ánimo de pasalo ben.

    O Entroido continuará o sábado no Grove co recital de compartas e co enterro da Sardiña.

    Redacción Salnés