Pose amplía aos colectivos socias a súa rolda de xuntanzas de traballo

    pose_caritas100.jpgVILAGARCÍA> O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, visitou as instalacións de Cáritas.

    A visita serviu para manter unha xuntanza coa directiva da entidade social, que lle transmitiu a Pose a súa visión sobre a situación actual de Vilagarcía e a importancia da súa labor. Modesto Pose foi acompañado na visita pola Secretaria Xeral do PSdeG en Vilagarcía e número 3 da candidatura socialista ás vindeiras eleccións municipais, Tania García, traballadora social e membro do equipo de voluntariado de Cáritas.

    Durante a xuntanza, conveniuse na necesidade de implementar a coordinación dos esforzos de todas as entidades de ámbito social da localidade. Tamén se incidiu na necesidade de reforzar os recursos para as persoas en situación de risco ou exclusión social. Os socialistas recolleron as propostas da directiva de Cáritas e coincidiron na importancia da posta en funcionamento do albergue para persoas sen fogar, feito realidade polo Goberno local.

    Esta visita forma parte da rolda de contactos que o candidato socialista iniciou con diferentes entidades de Vilagarcía, comenzada no eido sindical e patronal e continuada coa xuntanza de traballo coa asociación de hosteleiros (e coa xuntanza que a vindeira semana manterá con Zona Aberta). Esta liña de entrevistas amplíase agora ás asociacións e entidades de carácter máis social como Cáritas ou Cruz Vermella, á que visitará a semana próxima.

    Redacción Salnés