O presidente da Asociación de Veciños asegura que Vilaxoán recuperará o seu centro médico en novembro

VILAXOAN> Vilaxoán reabrirá o seu ambulatorio no mes de novembro. Así o confirmaron dende a asociación de veciños da vila tras contactar co xerente da área sanitaria de Pontevedra O Salnés. Segundo o presidente, o xerente comprometeuse a recuperar tanto o servizo de medicina como o de enfermería no mes de novembro sen poder confirmar por agora o día exacto.

Levan anos dende Vilaxoán loitando porque a vila recupere o seu ambulatorio. Unha loita que por momentos parecía perdida cando dende algúns medios especulaban con que o Sergas pecharía o centro para sempre. Pero tras moitos anos e unha renovación das instalacións, o presidente da Asociación de Veciños da vila asegura que o xerente da área sanitaria comprometeuse a reabrir o ambulatorio en novembro.

Esta información a compartiu o presidente da Asociación de veciños na primeira asemblea ordinaria tras ser elixido. Na reunión a nova directiva compartiu os temas a tratar nos vindeiros anos.

Pero entre todas as preocupacións hai unha que destaca, a recuperación da praia.

Na reunión tamén se estableceu que pode formar parte da asociación toda persoa ligada a Vilaxoán e que ademais os socios pagarán un canon de 10 euros anuais, xa que os únicos ingresos son os 1800 euros que aporta o concello.

Dende a asociación xa comezaron a reunirse cos concelleiros do goberno de Vilagarcía. O obxectivo é ir atraendo actividades e recursos a Vilaxoán, como por exemplo un programa cultural ao longo de todo o ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí