Máis de 300 ribeirenses realizan as súas achegas ó Plan de Acción da Axenda Urbana

RIBEIRA> Rematado o prazo para a presentación de suxestións á Axenda Urbana de Ribeira, o concello estudará as propostas formuladas pola cidadanía para elaborar un documento que teña en conta as necesidades reais da poboación.

Foron máis de 300 os cidadáns de Ribeira que cubriron o formulario da Axenda Urbana para construír unha cidade de futuro.

Estas propostas sumaranse ás achegas dos máis pequenos posto que os responsables do proxecto tamén se achegaron ata os colexios e institutos para recoller as suxestións de nenos e mozos.

Ese documento sentará as bases do desenvolvemento futuro de Ribeira ata 2030 co obxectivo prioritario da sostibilidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí