![]()
VILANOVA> A Conselleira de Traballo confirmou, ademais, que nas vindeiras semanas comezarán a redacción do proxecto.
{flowplayer}images/salnes/BEATRIZ_MATO_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Esta mañá, a Conselleira de Traballo e Benestar visitou as instalacións do Pazo de Vista Real para ver de primeira man o estado no que se atopan.
A primeira parada foi no concello. Tras unha breve xuntanza para falar do proxecto de construción dun centro de día nas instalacións do Pazo, Beatriz Mato mostrou todo o seu compromiso con esta infraestrutura de carácter social. Ó tempo, o alcalde reiterou a total disposición dos terreos para a creación do edificio.
Mato reiterou, ademais, que a proposta máis firme é a da construción dun edificio paralelo tralo estudo realizado polos técnicos da Xunta.
Por último, confirmou que nas vindeiras semanas comezarán a redacción do proxecto e estudarán a posibilidade do desenvolvemento de cursos homologados nestas instalacións.
O alcalde aproveitou a visita para solicitar axuda da Consellería para a ampliación da Gardería municipal que actualmente conta con 87 prazas. Polo momento, Mato comprometeuse a estudala proposta.
Redacción Salnés









