Comeza o xuízo pola presunta agresión no Bao a dous Gardas Civís

    PONTEVEDRA> Dous axentes da Garda Civil denuncian ter sido víctimas dunha malleira que lle terían propinado,…

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_bao_novembro.flv{/flowplayer}

    … supostamente, un grupo de mulleres no barrio xitano do Bao, no Concello de Poio. Este persoal do destacamento de Pontevedra acudira á barriada a poñer orde nunha lea familiar a petición dos veciños; ó chegar alí e non atopar ó causante pediron reforzos e volveron unha segunda vez.

    Ó dar co suposto autor da alteración pública procederon a esposalo. Foi entón presuntamente as súas irmás e familiares directas, na súa maioría mulleres se abalanzaron sobre os axentes da orde propinándolle puñadas, patadas e golpes con paos, pedras, ladrillos e canto encontraron o seu paso. A consecuencia da malleira ós axentes non lles quedou outra que ceibar ó reo e repregarse; resultando un deles ferido na testa por unha pedrada. Outro deles tamén sufriu unha ferida nun dedo, amais do susto de ver entre 10 e 20 persoas mallando neles ó tempo.

    Finalmente, a Garda Civil foi quen de identificalos por seren vellos coñecidos deles por outros delictos de pequena envergadura. Arestora repártense entre eles a cargos de resistencia e atentado contra ós axentes da autoridade, quebrantamento da detención e lesións leves; cargos que rexeitan por negar os feitos. O caso quedou visto para sentencia.

    Redacción Salnés