Iníciase a liquidación de Alfageme con posibles compradores

    autoliquidacion copia100.jpgSALNÉS> CC.OO e CIG esixen que se dea preferencia ás ofertas que garantan o mantemento de postos de traballo.

    {flowplayer}images/salnes/LIQUIDACION_ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    Dende os sindicatos, o inicio da fase de liquidación interprétase como un paso máis cara a reactivación da actividade das plantas que Alfageme posúe en Vilaxoán, Ribadumia e O Grove. Unha opción para a que xa existen compradores interesados.

    Segundo Comisións Obreiras e CIG, moitas das ofertas que se manexaron ata este momento recollen o mantemento dun elevado volume dos postos de traballo. Un aspecto no que ambos sindicatos insistirán á hora de valorar as diferentes propostas de compra.

    Para conseguir o mellor desenlace posible que, segundo os prazos establecidos no auto xudicial tería que producirse antes do día 25 deste mes, as dúas plataformas sindicais resaltaron a importancia do papel da Xunta e do Igape.

    A CIG fixou o día 22 deste mes como data límite para coñecer unha solución de continuidade satisfactoria para Alfageme. De non ser así, anunciou novas mobilizacións.

    Redacción Salnés