Nova mobilización socialista polo mal estado do encoro do Umia

CALDAS> 6 meses despois os socialistas continúan denunciando o abandono do encoro do Umia. Segundo o alcalde de Caldas as cianobaterias danan a imaxe da presa e encarecen o prezo da depuración da auga. O secretario xeral do PSdeG culpa a Feijoo de esconderse e non aportar solucións.

Os socialistas visitan de novo o encoro do Umia para denunciar o pésimo estado no que se atopa a auga. O alcalde de Caldas ironiza comparando as súas reclamacións coas tempadas dunha telenovela xa que os problemas da presa non se dan solucionado. Juan Manuel Rey lamenta que seis meses despois da última mobilización non se realizase ningunha inversión no encoro.

A pesar de que o valedor do Pobo fallou a favor da Xunta na demanda feita polo comité de crisis do concello de Caldas, o alcalde advirte que a natureza si lles está dando a razón.

Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG culpa a Feijoo e pídelle que visite o encoro e tome algunha solución.