Chega a Vilagarcía unha completa mostra sobre Alexandre Bóveda

VILAGARCIA>Alexándre Boveda. Da vida e o compromiso.1903-1936” é o título da exposición que ven de abrir as súas portas en Vilagarcía.

{flowplayer}images/salnes/expo_alexandre_boveda.flv{/flowplayer}

De aquí ó vindeiro día 25, aqueles que se acheguen ó Auditorio de Vilagarcía, poderán afondar nos seu coñementos sobre este destacado galeguista. Esta mostra abrangue cinco paneis informativos e unha proxección audiovisual de carácter biográfico e testemuñal, acompañada de varios obxectos persoais deste precursor do Estatuto de Autonomía de Galicia e promotor dun proxecto financeiro e dun medio comunicación galegos.

Para os máis cativos tamén haberá material en forma de banda deseñada e unha presentación de 80 diapositivas significativas da vida e obra deste intelectual.

Esta mostra permanecerá aberta de oito da mañá a 10 da tarde no hall do auditorio vilagarcián, alomenos ata o vindeiro día 25. A súa estancia na capital arousá complementarase con outras actividades nos colexios da contorna para que coñezan mellor quen foi e que significou para a Galicia de hoxe en día a figura de Alexandre Bóveda.

Redacción Salnés