![]()
SANXENXO> O documento recolle a maioría das alegacións presentadas, aínda que os veciños ven necesarios máis pasos de peóns ou cambios en Major.
{flowplayer}images/salnes/PRESENTACION_PROXECTO_PO308_SANXENXO_ADIANTO.flv{/flowplayer}
Despois de máis de dous meses agardando, onte os veciños do municipio de Sanxenxo puideron coñecer o borrador do proxecto de seguridade viaria da PO-308 no tramo desde Portonovo ata A Lanzada. A alcaldesa xunto ó edil de obras expuxeron os pormenores do documento tanto ós hoteleiros, comerciantes, á plataforma de afectados, así coma ós veciños do municipio. Catalina González destacou que se incorporaron a maioría das alegacións presentadas polos diferentes colectivos, aínda que se poderán facer novas modificacións.
Pola súa banda, os veciños, aínda que se amosaron satisfeitos coa maioría das modificacións si atoparon matices coma na necesidade de pasos peonís nalgúns dos tramos ou nas modificacións na zona de Major. Por outra banda, dáse cumprimento a unha das demandas da plataforma relativa ó cruce de Canelas e á creación de beirarrúas nesa recta. Cabe destacar, ademais, a dotación de 534 novas prazas de aparcamento ó longo deste tramo da estrada. Ademais, reducirán o diámetro dalgunhas rotondas e mellorarán o trazado e a visibilidade en diversas interseccións.
Redacción Salnés








