O turismo será un punto estratéxico no goberno de Pose

    turismo copia100.jpgVILAGARCÍA> Integrar Vilagarcía na comarca e convertela no mar de Santiago, son as dúas claves dos socialistas.

    {flowplayer}images/salnes/PropostasPsoeVilagarciaTurismo.flv{/flowplayer}

    Modesto Pose, acompañado polo número oito da candidatura socialista Fernando Quintela, presentou esta mañá as liñas estratéxicas do seu programa electoral en materia de turismo.

    Segundo Pose este é un dos sectores fundamentais en Vilagarcía, no que se refire á creación de emprego, polo que a súa xestión non debe quedar nunha concellería senón que hai facer unha aposta máis forte.

    O outro elemento clave neste plan estratéxico sería a vinculación de Vilagarcía con Santiago.

    Co obxectivo de avanzar neste senso Pose reunirase nas vindeiras semanas co alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo para analizar as propostas conxuntas.

    Ademais o candidato dixo tamén que o partido socialista traballará para a creación dun Patronato de Turismo que recolla os esforzos dos sectores públicos e privados e potenciar as ideas comúns.

    Redacción Salnés